fbpx
Descrición do Reino de Galizia de Hernando de Ojea (1603) / Duvi

Século XIV: Cando Galicia formou parte voluntariamente do Reino de Portugal durante catro anos

Tempo de lectura: 2 min.

Durante Idade Media, Galicia e Portugal non só estiveron unidas lingüísticamente. O norte de Portugal pertenceu durante bastante tempo ao Reino de Galicia, pero Galicia tamén pertenceu ao Reino de Portugal durante catro anos no século XIV, dende o 1369 ata o 1373. 

No ano 1149 Portugal estableceuse como un reino independente. Consecuentemente, ese foi ano no que Portugal e Galicia quedarían divididas, isto foi “unha afronta para a unidade cultural, para a realidade lingüística e até para a propia xustiza histórica“, como sinala a revista portuguesa Vortex Magazine. A separación entre Galicia e Portugal xerou numerosos conflitos fronteirizos.

Foron numerosos os intentos de Portugal por conquistar Tui e outros lugares do sur galego. Tamén se intentou por vía “diplomática”, no século XIV, Fernando I de Portugal sería nomeado rei de Galicia, mais a forza castelá impediu a unión de ambos países.

Na procura da paz coa España dos Habsburgo, o conde de Castelo Melhor, D. Luís de Vasconcelos e Sousa, tratou de anexar Galicia. Esta proposta da paz a cambio de Galicia tampouco foi aceptada polo inimigos políticos do conde.

GALICIA QUERE E CONSIGUE SER PARTE DE PORTUGAL

Ano 1369, morre Pedro I de Castela e foi coroado Henrique de Trastámara como o seu sucesor. A nobreza galega non o aceptou e esixiron ser gobernados por Fernando I de Portugal. Así, Fernando I chegou a Galicia con diversos aristócratas que o apoiaban. Fixo unha entrada trunfante en Galicia, sendo nomeado rei en varias cidades galegas.

O novo rei decidiu ordenar a restauración de fortalezas, incluíndo as de Tui e Baiona, como indica Vortex Magazine. Promoveu a liberalización do comercio entre Galicia e Portugal e o fornecemento de cereais e viño por mar a Galicia, que se atopaba atrapada pola guerra. Finalmente as aspiración de Fernando I con Galicia foron ratificadas polas cortes de Lisboa en 1371.

A pesar de todo, o reinado de Fernando en Galiza foi curto. Henrique II de Castela contratou mercenarios en Italia e lanzou unha contraofensiva. O castelán asumiu o control de Galicia que o perdeu Portugal tras catro anos, segundo indica Vortex Magazine.

Pode que che interese...