fbpx

SOS para evitar a destrución do patrimonio durante as guerras

Tempo de lectura: < 1 min.

A invasión de Ucraína lembrou ás asociacións que defenden día a día o noso patrimonio que este é moi fráxil en conflitos bélicos. A destrución da cultura, da identidade dun pobo, adoita ser un obxectivo dos belixerantes. Por iso, dende O Sorriso de Daniel lanzou a través das súas redes sociais unha campaña de sensibilización diante destes feitos.

Cartel en inglés da campaña de sensibilización contra a destrución patrimonial en conflitos bélicos

“É obvio que a defensa da vida das persoas é o máis urxente pero non debemos esquecer que tamén hai perdas materiais entre as que non son as menores as do patrimonio histórico e artístico“, declaran. Ademais, recalcan a importancia da identidade nestes nestes conflitos.

A campaña baséase nun cartel en galego, castelán e inglés para que poida ser usado por todo o mundo: “Non lles puxemos o logo de O Sorriso de Daniel para que calquera persoa ou asociación se poida sumar á súa difusión a través da rede”. Para a súa confección usaron o Emblema distintivo The Blue Shield Emblem aprobado na Convención da A Haia en 1954, onde se deu o primeiro tratado internacional con vocación mundial dedicado á protección do patrimonio cultural en caso de conflito armado.

Pode que che interese...