fbpx
Castro da Atalaia, en Cervo, afectado por unha construción ilegal a medio facer / Umberto P. Pool - Mariña Patrimonio

Tras tapar unha sauna castrexa e numerosos restos romanos e medievais, protexerán a histórica península da Atalia t

Tempo de lectura: < 1 min.

A falta do seu rexistro e publicar, o Concello de Cervo vén de aprobar de maneira definitiva o Plan Especial de Protección do Xacemento da Atalaia. Desta maneira permite a conservación da zona e desenvolver proxectos que sirvan para a súa posta en valor. Unha situación de protección que chega tras taparse as escavacións dunha sauna castrexa e numerosos restos romanos e medievais atopados na zona.

“Este plan dota ao Concello dun instrumento legal para poder actuar nesa zona”, recoñece o alcalde, Alfonso Villares. Asimesmo destaca, como recolle El Progreso, que o documento foi elaborado por técnicos: tres arquitectos, unha bióloga, un enxeñeiro de camiños, unha arqueóloga, un especialista en desenvolvemento de proxectos de urbanismo e operacións topográficas e unha especialista en proxectos de obra civil.

O XACEMENTO

Este xacemento, localizado na península da Atalaia de San Cibrao, foi inventariado por Patrimonio en abril de 2007 despois de que aparecesen distintos restos nas obras para construír un edificio entre as rúas de O Faro e A Atalaia. A pesar de que non hai certeza real da presenza dun castro, está documentada a súa ocupación por celtas, romanos e durante o medievo. Os traballos arqueolóxicos na zona confirmaron que o xacementos se estendería a toda a superficie que ocupa a península.

Como sinala a xornalista Lupe F.Bouza en El Progreso, realízaronse intervencións arqueolóxicas entre os anos 2006 e 2009 e baseáronse en catas e escavacións nalgunhas parcelas que permitiron delimitar dúas modalidades de uso ao espazo: unha área de vivendas, na zona das rúas de O Faro e A Atalaia, e unha zona de vertedoiro, na zona máis ao norte, próxima ao faro. Máis información en El Progreso.

Pode que che interese...