(Vídeo) Esta é a historia do castro de Viladonga, un dos grandes xacementos galegos
Fai máis de medio século dende que se realizaron as primeiras escavacións no castro de Viladonga. Dende entón, os estudos sobre ela non pararon de sucederse, convertendo este xacemento nun dos máis importantes de Galicia. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 2009 e dende 1983 consta cun museo que divulga a historia do castro, da súa contorna e do mundo castrexo.
Foi o museo o promotor desde vídeo que explica a historia do Castro de Viladonga e todas as investigacións que se levaron nel. Este museo foi galardonado pola Xunta de Galicia co Premio Cultura Galega 2013 de Patrimonio Cultural como recoñecemento á súa labor constante de conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico, así como pola súa actividade didáctica e dinamizadora deste xacimiento.