(Video) “San Cipriano”, o mago que se usou para desencantar os tesouros do Reino de Galicia
San Cipriano, San Cibrán ou Cibrao en galego, é unha figura cristiá recoñecida en todo o mundo. Ademais de ser un santo venerado tanto pola Igrexa Ortodoxa como pola Católica, o santo máxico cristián por excelencia, památrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios. Por iso, durante o século XVIII, “o libro de San Cipriano” fíxose moi popular para desencantar os tesouros escondidos do Reino medieval de Galicia.