fbpx
Detalle das pinturas en Santalla de Bóveda / foto Lameiro WikimediaCCBy

Un novo inimigo para as pinturas do templo de Santa Eulalia de Bóveda

Tempo de lectura: < 1 min.

Os períodos secos convertéronse no principal problema ao que se enfronta o templo romano de Santa Eulalia de Bóveda, tal como afirman os arquitectos Ignacio López de Rego e Belén López Gallego. Estes dous expertos son os encargados de redactar o plan director do monumento, encomendado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Galos, pombas, perdices e outros animais decoran o templo, unhas pinturas datadas do s.VII, durante o dominio xermánico de Gallaecia, e non romanas como se supuxo durante anos. Un estudo encabezado pola arquitecta Rebeca Blanco-Rotea daba a coñecer en setembro do 2021 que o edificio romano tivo tres fases principais e que as pinturas eran posteriores á época romana. O monumento de Santa Eulalia de Bóveda foi declarado Monumento Nacional en 1931 e Ben de Interese Cultural no 1996.

O plan director que se está levando agora permitirá analizar o estado actual da construción, para posteriormente establecer proxectos de mantemento, conservación e uso. O que preocupa aos redactores, que traballan en colaboración de historiadores, arqueólogos, restauradores, enxeñeiros, arquitectos, aparelladores e xeólogos, é o estado das pinturas dos muros. As condicións climatolóxicas do interior do templo, influídas pola climatoloxía exterior, provoca cristalizacións salinas que deterioran ditos frescos. Máis información en El Progreso.

 

Pode que che interese...