fbpx

Novas escavacións na Ribeira Sacra sacarán á luz unha capela medieval

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Pantón iniciou unha nova escavación para exhumar os restos dunha capela medieval. Ditas labores de escavación, coñecido como O Preguntoiro, estenderanse ata o día 20 de maio e están financiadas pola Consellaría de Cultura.

A capela medieval foi descuberta o ano pasado, e as primeiras hipóteses apuntan puido ser a orixe do mosteiro de San Vicente de Pombeiro e que polo tanto, pode aportar máis información acerca do monacato na Ribeira Sacra. “Cremos que este edificio non foi unha capela de culto popular, senón un santuario que os monxes de Pombeiro levantaron para honrar a memoria dos seus predecesores”, apunta o arqueólogo Xuxo Ayán, un dos coordinadores do proxecto de intervención.

Con estas novas labores, espérase obter máis información, que complemente ás feitas con anterioridade. Ata o de agora, atopáronse elementos arquitectónicos como unha cornixa, un canzorro e un rosetón. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...