fbpx

O Pazo da Mercé, a gran casa do XVI abandonada e en perigo na que viviu Valle Inclán

Tempo de lectura: 2 min.

Datado do s.XVI, o Pazo da Mercé, situado na Pobra ao carón da AC-305, desaparece lentamente entre unha vexetación que gaña lugar. O estado de ruína que sofre o lugar medra dende 1983, cando o Pazo da Mercé sufriu un incendio, sen que dende entón se levasen a cabo traballos de conservación.

Proba do estado no que se atopa o complexo foi a caída do pombal de planta cadrada o pasado ano, un dos poucos desta tipoloxía que se conservaban en Galicia. O historiador Antonio González Millán describe en Monografías do patrimonio cultural: Pazo da Mercé as súas características, destacando a vivenda, que se atopa nunha parcela de 60.000 m2, foi construída sobre unha ermida.

O escudo barroco que se atopa na fachada reflicte parte da historia e grandiosidade do pazo, que ademais, como Frei Martín Sarmiento deixou escrito, tamén foi usado como albergue. Xa no século S.XX as paredes desta construción da Pobra fosen testemuña da creación de obras como Los cuernos de don Friolera, Cara de plata e Divinas Palabras, pois entre 1917 e 1921 Valle-Inclán viviu no pazo.

Porén, parte da historia do pazo perdeuse no incendio de 1983, sendo a vivenda propiedade dos irmáns Juan e Antonio Boullón Juanatey, quen o adquiriron no 1964. Foi entón cando desapareceu un retablo barroco do s.XVII, unha imaxe medieval da Virxe e roubaron unha imaxe dun Trono de Gracia.

Dende entón, a decadencia do paso foi cada vez máis visible. No 2002, os herdeiros elaboraron un anteproxecto de restauración, pero as obras non se chegaron a levar a cabo. No 2007, a Xunta denegounas, dado que “o presunto valor histórico-artístico non está referendado nin por unha declaración de BIC nin pola súa inclusión no Catálogo Patrimonial Cultural”.  Pola súa banda, o Concello tampouco pediu de maneira oficial medidas para conservar o pazo aos donos. Máis información en El Correo Gallego.

Pode que che interese...