fbpx

Ons, unha illa romana?

Tempo de lectura: < 1 min.

Os traballos de escavación arqueolóxica na Illa de Ons, dentro dun proxecto de investigación impulsado pola Xunta e a Universidade de Vigo, poñen en valor os achados romanos da illa, que reafirman a ocupación humana da illa. As escavacións realizáronse nas praias de Canexol e no Castro do Castelo dos Mouros durante o pasado ano, e o proxecto contará cunha terceira intervención no castro antes do verán.

Nesta illa parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas xa se coñecía a existencia dunha antiga fábrica de salgadura, datada de fai 2.000 anos, polo que os traballos arqueolóxicos centráronse en afondar no pasado da zona para descubrir novos vestixios da ocupación.

No areal de Canexol descubriuse un conxunto industrial romano que segundo os primeiros estudos está vinculado ao sector do mar. O director da investigación, Adolfo Fernández, sinalou o valor patrimonial do achado no ámbito de toda a Península.

Pola súa banda, a descuberta de utensilios, aparellos e moedas no Castro do Castelo de Mouros confirmaron a presenza humana nesa zona da illa, na que xa se apuntaba á existencia dun asentamento romano. Porén, ata o de agora non se realizara ningunha intervención.

Nunha visita ao enclave arqueolóxico, o delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López, destacou a importancia das dúas intervencións realizadas na Illa de Ons. “Damos un paso máis no descubrimento da súa historia e, ademais, pretendemos continuar con esta liña de traballo para seguir póndoo en valor”, comentou. O representante autonómico estivo acompañado do director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas; o xefe territorial de Medio ambiente, José Manuel González; e o investigador do Grupo de Estudo de Arqueoloxía da Universidade de Vigo, Adolfo Fernández, visitaron o enclave arqueolóxico. Máis información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...