fbpx
Un dos espazos da exposición sobre a historia de Galicia no Museo do Pobo Galego

Propostas para celebrar o Día dos Museos

Tempo de lectura: < 1 min.

Os museos xestionados pola Xunta de Galicia acollerán diferentes actividades este mércores con motivo do Día Internacional dos Museos, entre as que se inclúen visitas guiadas, talleres e música; propostas dirixidas a todos os públicos.

A maior parte das actividades comezarán este mércores, segundo informa o Executivo nun comunicado, e prolongarase ata o próximo fin de semana, con motivo da Noite dos Museos. A axenda pode consultarse nas respectivas webs e redes sociais dos centros e na axenda de Cultura de Galicia.

Así, en Santiago de Compostela, o Museo das Peregrinacións e de Santiago exhibirá o documental divulgativo A Translatio e ofrecerá visitas contadas, un espectáculo musical e un taller familiar. Tamén acollerá un taller e unha conferencia a cargo da presidenta da Axencia Magnum, Olivia Arthur e a artista galega Carla Andrade, que terán lugar no marco da exposición ‘Percorrer ou Tempo’, que se inaugurará o vindeiro venres en Santiago.

Pola súa banda, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo de Belas Artes, o Museo do Castro de Viladonga, o Museo Arqueolóxico Provincial, o Museo Etnolóxico de Rivadabia,  o Museo do Mar de Galicia en Vigo, o Museo Massó, en Bueu ou o Parque Arqueolóxico de arte Rupestre de Campo Lameiro tamén ofrecen interesantes ofertas culturais. Máis en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...