fbpx

Recoñecen cun premio nacional a restauración das cubertas da Catedral de Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

O Consello Xeral de Arquitectura Técnica de España (CGATE) vén de recoñecer a labor da arquitecta Ana Castro na restauración das cubertas da Catedral de Santiago. O traballo “Terminación de restauración da cabeceira da Catedral de Santiago” recibiu o primeiro premio dos Premios de Arquitectura Técnica a actuacións en cidades Patrimonio da Humanidade.

O xurado outorgou por unanimidade dito premio e destacou a actuación de Ana Castro na xestión das obras. Entre as labores de restauración, sinalan a renovación da cuberta da Capela Maior, cuxo estado provocaba filtracións que danaban pinturas do presbiterio.

Os premios, organizados pola Asociación de Colexios en Cidades Patrimonio Mundial e o Consello Xeral de Arquitectura Técnica de España, buscan fomentar e difundir as boas prácticas dos profesionais de Arquitectura na rehabilitación e restauración de cascos históricos.

Ana Castro recibirá o galardón o próximo 14 de maio na sede da Real Fundación de Toledo. Neste certame tamén recoñeceron a restauración do edificio do Museu Nacional Arqueològic de Tarragona e das cubertas e fachadas da Ermida de Santa Lucía de Alcalá de Henares, segundo e terceiro premio respectivamente.

Pode que che interese...