fbpx

Un documento do s. XVIII permite atopar novos petróglifos nos Ancares

Tempo de lectura: < 1 min.

O lugar de Pena Tallada, entre os concellos de Becerreá, Baralla e Láncara, suma novos petróglifos aos rexistrados na comarca. A 1.032 metros de altura e nunha zona onde abunda a pizarra, o colectivo Patrimonio dos Ancares conseguir atopar estas mostras de arte rupestre.

O achado produciuse grazas a un documento datado do 1712, no que o escribán Joseph Pardo y Vivero comentaba que no lugar se atopaban “unhas fendas que son como cornos”. Esta inscrición foi o punto de partida para a busca dos gravados. Ademais, outro documento posterior do 1752 referenciaba tamén as pedras como marco divisorio entre as freguesías da zona.

Dous grupos cun conxunto de covas, con tamaños de entre catro e seis centímetros son as figuras que atoparon dende o colectivo. Porén, a data dos petróglifos non se pode determinar pola falta de motivos semellantes na zona. Aínda así, dende Patrimonio dos Ancares apuntan a que poderían datar de fai un 6.000 anos, pola proximidade de seis mámoas desta época catalogadas nos últimos anos pola Xunta.

Non é a primeira vez que un documento axuda a atopar patrimonio. En abril do 2021, un escrito, tamén de Joseph Pardo y Vivero, foi o motor do descubrimento doutros gravados en Castroverde realizados fai 4.000 anos. Máis información en El Progreso.

Pode que che interese...