fbpx
Mosteiro de Oseira / photomeanico.com

Un libro recollerá os cambios de case 200 mosteiros galegos na Idade Media

Tempo de lectura: < 1 min.

O libro “Os mosteiros do Reino de Galicia entre 1075 e 1540: da reforma gregoriana á observante” ofrece unha visión dos mosteiros galegos entre o s.XI e o S.XVI. O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), centro mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) acolleu na tarde do 26 de abril a presentación da obra.

O seu autor, o doutor en Historia Francisco Javier Pérez Rodríguez, aborda os cambios que supuxo a reforma gregoriana no s.XI e reforma observante ordenada polos Reis Católicos e o Papa no s.XV. “A reforma gregoriana transforma profundamente o monacato galego ao poñer fin aos mosteiros altomedievais […]. O resultado foi a desaparición dun gran número de cenobios”, explica o autor. Con respecto á reforma observante, Pérez Rodríguez apunta que foi “máis radical, reducindo drásticamente o número de mosteiros co resultado da concentración de conventos e patrimonios en menos centros pero máis poderosos”.

O libro divídese en dúas partes. A primeira conta á súa vez tres apartados: “Da reforma á estabilización do monacato galego”, “Entre reforma e reforma: plenitude, crise e primeiras reestruturacións” e “O fin do monacato galego medieval: la reforma observante”. Esta primeira parte explica os cambios dos mosteiros durante a reforma gregoriana e a observante.

Pola súa banda, o segundo volume é un catálogo dos cenobios que existiron durante os séculos que aborda a obra, tanto masculinos como femininos, así como un terceiro grupo dos mosteiros que deixaron de selo despois da reforma gregoriana do s.XI. Máis información en El Progreso.

Pode que che interese...