fbpx

Unha necrópole da Idade Media convertida nun albergue do Camiño de Inverno

Tempo de lectura: < 1 min.

Entre as peculiaridades de Diomondi destaca unha necrópole da Idade Media. A antiga casa rectoral do Saviñao, coñecida como Diomondi, que se atopa no Camiño de Inverno, acollerá a partir de agora peregrinos, sendo o primeiro albergue público desta ruta na provincia de Lugo.

A rectoral e a Igrexa anexa de San Paio contan con elementos arquitectónicos de diferentes épocas, datados os máis antigos do s. XIII. Porén, a restauración do complexo e a adaptación como albergue, dun custo de un millón de euros, respectou en todo momento os elementos orixinais e converténdose así nun dos principais atractivos do albergue. Os camiñantes que pasen polo lugar, poderán durmir entre tumbas medievais e gozar da historia da construción.

A rehabilitación do lugar supuxo a conservación da rectoral, que se atopaba en ruínas. No 2001, o derrubamento do tellado alertou da situación do complexo da Idade Media, estado que corroborou o desprendemento da fachada principal no 2010.

Despois de 16 meses de obras, Diomondi reforza a oferta de aloxamento do Camiño de Inverno, ruta que só contaba con 5 alberguesde carácter privado no tramo lucense. O proxecto está financiado pola Consellería de Presidencia a través do departamento de Turismo de Galicia e fai da casa rectoral o albergue número 78 dos xestionados pola Xunta. Porén, o Camiño de Inverno proxecta outro albergue público, neste caso en Carballeda de Valdeorras. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...