fbpx

Unha veciña de Pontedeume tiña unha vaixela romana na casa sen saber do seu valor

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado 11 de maio, unha veciña de Pontedeume deu coñecemento da posesión dunha vaixela romana, a cal entregou ás autoridades. A veciña de Pontedeume, como quedou recollido, tiña este obxecto da época romana, pero descoñecía o seu verdadeiro valor.

Tras ser consciente da importancia histórica da peza, a través dun coñecido, a pontedeumesa entregouna, e foi a Garda Civil da localidade quen a recibiu e ten a custodia. A vaixela será entregada a Patrimonio.

O acto da muller pon de manifesto a importancia da colaboración social para manter e preservar un Patrimonio común, cuxo estudo e posterior goce por parte de toda a comunidade non sería posible de estar nas mans de particulares. Porén, a posesión privada de patrimonio segue a ser unha das trabas ás que se enfrontan os especialistas, ao que se lle suma o problema dos espolios.

Pode que che interese...