fbpx
Manifestación contra os eólicos en Santiago de Compostela / Adega

Milleiros de persoas berran contra a invasión eólica

Tempo de lectura: < 1 min.

varios miles de persoas manifestáronse este domingo, Día Mundial do Medio Ambiente, en Santiago de Compostela, para reclamar unha “alternativa enerxética” aos eólicos. Convocados pola coordinadora da plataforma ‘Eólica si, pero non así’, máis de 200 plataformas ecoloxistas, culturais, sociais, sindicais e políticas demandaron polas rúas da capital galega “un modelo enerxético sustentable e xusto”.

Arantza González, da plataforma ‘Aire Limpo nas Mariñas Mandeo‘, da comarca de Betanzos, puxo en valor que este movemento “ten forza” porque “o moven os veciños que se senten agredidos por este ataque ao seu territorio”. “Temos o apoio de toda a cidadanía porque este ataque non é só ao territorio, senón ao medio ambiente”, apostilou.

Nesta mesma liña, lamentou que o modelo eólico actual “ataca ecosistemas que non teñen prezo e non se venden por nada, como a auga”, xa que, asegurou que os muíños se sitúan en ladeiras dos montes “onde nace a auga que serve a aldeas e pobos”.“Enerxías renovables si, por suposto, pero non como as queren pór”, dixo.

O presidente da Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Roi Puga, reivindicou unha “alternativa ao modelo eólico” que, sinala, “impón a Xunta e o Estado”. “Queremos que o modelo enerxético sexa sustentable e xusto”, insistiu. Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.