fbpx
Unha das catas no xacemento de Proendos / foto Consellería de Cultura

Na procura do horreo romano do xacemento romano de Sober

Tempo de lectura: < 1 min.

O xacemento romano de Sober, na parroquia de Proendos, recibirá arredor de 20.000 euros para realizar novas intervencións o vindeiro outono. Financiada pola Consellería de Cultura, esta nova intervención no recinto arqueolóxico será a quinta que se celebre no lugar.

As labores arqueolóxicas no xacemento romano no 2019, grazas a unha iniciativa do concello, permitiron detectar novas construcións no subsolo. Agora, esta nova campaña, a cuarta financiada pola Xunta, poderán sacar á luz esas construcións detectaron con xeorradar.

“Aínda non podemos sinalar datas, pero en todo caso a intervención farase antes do outono”, explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Foi o goberno local quen propuxo esta nova intervención, a través dun proxecto do arqueólogo Francisco Alonso, e prevese que os traballos duren entre dúas e tres semanas.

O obxectivo desta nova campaña é descubrir o horreum e o depósito de cereais, descubertos nas escavacións levadas a cabo no 2020. Agora desenterraranse por completo. Con respecto á área do horreum, algunhas investigacións apuntan á existencia doutras construcións máis antigas, polo que se levarán a cabo catas arqueolóxicas para comprobalo. “Todo indica que debaixo da terra hai outra parte desta estrutura e agora o que queremos é determinar as súas dimensións coa idea de consolidar e mostrar ao público todo o que queda dela”, explicou Fernández Guitián. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...