fbpx

Novos achados nas obras da Porta do Sol de Vigo… Agora unha antiga muralla da cidade

Tempo de lectura: < 1 min.

As obras que se están a levar a cabo na Porta do Sol, cuxo obxectivo é construír un túnel para conectar as rúas Policarpo Sanz co Paseo de Alfonso, non deixan de sorprender. A principios de mes o concello notificaba a aparición dunha edificación que podería ser a Casa Mora na que a resistencia viguesa se reunía a principios do s.XIX. Agora, co avance das obras, novos restos arqueolóxicos apuntan á posible existencia do que podería ser unha antiga muralla.

A aparición de restos arqueolóxicos na parte alta e baixa da Porta do sol fai que os traballos previstos se estean levando con “coidado extremo”, como apuntou o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero. O edil tamén quixo demostrar que “no Concello somos os primeiros interesados en conservar o patrimonio arqueolóxico de Vigo”.

Os restos, que poderían pertencer á base dunha muralla, atopáronse ao carón da rúa Carral, na súa confluencia coa Porta do Sol. A súa datación podería ser de entre mediados do século XVII e a segunda metade do XIX, anos entre os cales encerrou e protexeu á poboación viguesa.

Pola súa banda, Caballero asegurou a implicación dos arqueólogos, presentes dende o primeiro momento nas decisións tomadas con respecto a todos os vestixios que se foron atopando. Por iso, destaca o traballo que se está a facer dende o primeiro momento para determinar a procedencia, o grado de conservación e as medidas que se van usar.

Porén, non todas as críticas que recibiu o goberno local son positivos, quen acusa de “falta de transparencia”. Máis información en Vigo al Minuto

Pode que che interese...