fbpx

Que esconde o galeón “San Giacomo di Galizia” baixo as augas de Ribadeo?

Tempo de lectura: < 1 min.

Nos anos 2018, 2019 e 2020 a Xunta impulsou diferentes campañas arqueolóxicas arredor do galeón San Giacomo di Galiza, en Ribadeo. Agora, tempo despois, os estudos arredor desta embargación naufragada seguen, grazas a unha nova campaña arqueolóxica, en colanboración co Institute Arqueology de Texas.

Baixo a dirección do arqueólogo Miguel San Cluadio, os novos estudos que se realizarán no galeón permitirán coñecer como era a construción naval da Coroa española do século XVI, época á que pertence a embarcación.

Durante tres semanas, intervirase a parte central do buque e sondarase o seu perfil transversal. A unidade de Mergullo da Armada Española participará nesta intervención, que continúa as investigacións que se levaron ata o de agora, a última no 2020. Ata o de agora, puido constatarse que se conserva o 20% da estrutura da cuberta, así como se atoparon elementos de interese como unha cureña naval, un tipo de carro para montar as pezas da artillería, e munición de pedra e ferro.

Expertos do CSIC, da University of Wales Trinity Saint David, do Maritime Archaelogy, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas, a Real Liga Naval Española ou o Real Club Náutico de Ribadeo son algunhas das institucións que tamén colaboraron nas campañas realizadas ata agora, e que permitiron achegarse á cultura portuaria deste porto histórico. 

Ata o 2018, as intervencións realizadas consistiron na toma de datos para coñecer o tipo de conservación necesaria e o estudo dendrocrobolóxico. Por outra banda, as campañas posteriores focalizaron os seus traballos na realización de sondaxes arqueolóxicas do pecio. Coa nova intervención completarse o realizado ata entón directamente no pecio, e establecerase un modelo comparativo para seguir á hora de avaliar a evolución da arquitectura naval da época. Máis información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...