fbpx
Imaxe de banda deseñada cun cabaleiro perseguindo a unha muller na Idade Media

Queres coñecer como era e onde vivía unha das primeiras revolucionarias galegas?

Tempo de lectura: < 1 min.

María Castaña, Maricastaña ou María Castiñeira está considerada unha das primeiras revolucionarias galegas. Nada en Cereixa, na Pobra do Brollón, foi unha fidalga galega de finais século XIV, que liderou unha revolta contra o poder eclesiástico.

Viviu na cidade de Lugo e era a muller dun dos prohomes da cidade, Martín Cego. No ano 1386, reinando Xoán I de Castela, dirixiu unha revolta contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar (1349-1390), que obrigaba aos lucenses a facer fronte a elevados impostos, e coa axuda dos fillos ou cuñados matou a Francisco Fernández, mordomo do bispo. Sufocada a revolta, María Castaña e a súa familia foi obrigada a doar os seus bens á Igrexa, entre eles as posesións en couto de Cereixa e mil marabedís.

E precisamente, para coñecer a figura desta revolucionaria galega, este sábado o proxecto Rutas de Historia organiza unha visita polas terras de Maricastaña, na Pobra do Brollón, que tamén foi o berce da revolta guímara. O roteiro, guiado polo arqueólogo e divulgador Xurxo Ayán –natural desta terra-, percorrerá o casco vello desta vila fundada en 1304 por El-Rei Sancho IV e os lugares emblemáticos dos guímaros.

Dende aí pasará polo Camiño Real até o castro de San Lourenzo, onde se descubriu unha necrópole altomedieval (século IX-XII) sobre un poboado metalúrxico castrexo. Continúa a visita na igrexa de Cereixa, berce da heroína Maricastaña. De volta á Pobra visitaranse os restos do palacio do bispo de Lugo, co que loitou a pobrense, e a aldea de Nogueiras. Podes apuntarte neste roteiro aquí.

Pode que che interese...