fbpx

Rouban a estatua dunha Virxe barroca no Pazo do Casal, que xa estaba na lista vermella de abandono patrimonial

Tempo de lectura: < 1 min.

O barroco Pazo do Casal, que se atopa na aldea de Brión que leva o mesmo nome, O Casal, vén de sufrir un novo espolio. Unha imaxe pétrea da virxe datada do s. XVIII desapareceu do muro no que se atopaba, un feito que xa foi denunciado polos propietarios perante a Garda Civil.

A antigüidade do Pazo e o seu valor histórico e cultural non parecen ser suficientes, pois o pazo atópase desprotexido e nun estado de abandono, o que fai que o Concello de Brión encabece a lista vermella de abandono patrimonial en Área, segundo sinalaron Patrimonio Galego e Hispania Nostra.

Esta tampouco é a primeira vez que o complexo sofre un roubo, pois fai tres anos tamén denunciaba o espolio dun cruceiro. Se se mira atrás no tempo, a isto súmase á desaparición do retablo da capela, así como derrubamentos de muros e outros desperfectos que evidencian o mal estado de conservación do lugar.

Unha capela na honra de San Xosé, unha torre redonda, un pombal e un hórreo de sete pés son algunhas das edificacións que aínda se conservan no pazo, que se atopa nunha situación de desprotección. Os veciños do lugar mostraron o seu malestar con respecto ao acontecido neste pazo barroco, que estivo ligado aos condes de Altamira dende o s. XVII. Máis información en El Correo Gallego. 

Pode que che interese...