fbpx
Camiño / foto gavillaCC0

Sabes cales son os proxectos estrela da Xunta en patrimonio para acadar fondos Next Generation?

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta de Galicia aspira a captar uns 400 millóns de euros a través de 19 proxectos acordados entre o Goberno galego e 120 entidades do sector da cultura para optar aos fondos Next Generation.”O que queremos é facer actividade ante a non actividade do Goberno central en materia cultural”, dixo o seu presidente.

Conforme precisou, o valor total das 19 propostas elévase a 400 millóns de euros. Delas, oito son proxectos deseñados directamente pola Xunta falando polo sector. Entre eeles, ‘Cultura Emerxente’, que buscará difundir os procesos creativos dentro e fóra de Galicia; ‘Cultura Circular’, que terá como obxectivo a dixitalización da cultura; ‘A Nosa Pegada’ para crear unha base de datos de todos os bens patrimoniais galegos ou ‘Museo Plus’ que potenciará a innovación dos museos que existen en Galicia.

O quinto proxecto, ‘Confins dos verdes castros’, orientarase á recuperación do patrimonio arqueolóxico; o sexto, ‘Ribeira Sacra’, reforzará a conservación desta zona con vistas á súa candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco; o sétimo, ‘Stellae 5.0.’ impulsará a dixitalización dos recursos patrimoniais en torno ao Camiño de Santiago; e o oitavo, ‘Proxecto Nos’, terá como obxectivo garantir a presenza do galego nas novas tecnoloxías.

Este oito propostas complétanse con outros 11 proxectos con participación da Xunta pero impulsadas directamente por entidades culturais e que versan sobre asuntos como a recuperación de oficios tradicionais, o estudo sobre o impacto da música en pacientes con enfermidades neurodexenerativas e o fomento das artes escénicas no rural, entre outras cuestións. Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...