fbpx

Unha capela do s. XIX á venda por 70.000 euros para “convertir en vivenda”

Tempo de lectura: < 1 min.

Un total de 70.000 euros é o prezo polo que se vende unha capela na honra de Santo André en Costoia, no concello de Ames. Dende fai un mes, a capela atópase á venda nun portal inmobiliario, onde se anuncia coa mensaxe “se vende capilla para convertir en vivienda por 70.000 euros cerca de Santiago”.

A capela, datada do s. XIX, consta dunha planta rectangular “executada con pedra de cachotería, marco sinxelo alintelado e fachinelo. Remata unha campá sobre o arco de forza sinxelo”, como se explica na ficha do inventario do PXOM e que recolle o xornal La Voz de Galicia. Ademais, como anuncian os propietarios, o capela atópase nunha parcela de 200 metros cadrados.

No seu interior destaca tamén a presencia dun pequeno altar cunha talla de San André e asentos cunha capacidade para 30 persoas. Porén, os donos tamén fixeron saber que de conseguir vender o inmoble, doaría os elementos relixiosos que nel se atopan á Igrexa Católica.

Pola súa banda, os propietarios explican que o obxectivo da venda é evitar o seu deterioro, dado a dificultade que lles supón o seu mantemento. De non conseguir a súa venda, está aberta a posibilidade de ceder a propiedade, construída polos seus antepasados, á Igrexa. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...