fbpx

Nova desfeita no patrimonio: abren un camiño no medio dun castro

Tempo de lectura: < 1 min.

O Castro de Lestrobe, en Trazo, sufriu un derrubamento parcial na súa estrutura de defensa, ademais dunha modificación na orografía do terreo. Así o constatou a patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Milladoiro-Ames.

Os efectivos do SEPRONA en colaboración co Posto de Sigueiro, desprazáronse ata o lugar do ocorrido, tras recibir queixas por parte dos veciños polas obras que se estaban a realizar nuns terreos de San Pedro de Benza, en Trazo.

O lugar está afectado pola concentración parcelaria, onde ademais se atopa un asentamento fortificado datado da Idade do Ferro recollido dentro do Inventario de Bens da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

O coñecido como Castro de Lestrobe, ben de interese cultural, conta con protección integral e de área de cautela, por iso agora os efectivos da Garda Civil investigan a un veciño de Trazo como presunto autor dun Delito contra o Patrimonio Histórico. Tras a investigación e o esclarecemento dos feitos, o sucedido será trasladado ao Xuzgado de Instrución de Ordes.

Pode que che interese...