fbpx

O 70% das casas parroquiais de Galicia, algunhas barrocas, están abandonadas ou en estado de ruína

Tempo de lectura: 2 min.

Despois dunha semana da inclusión da casa parroquial de Santa Mariña de Ribeira á Lista Vermella de Patrimonio, Galicia non deixa se sumar construcións que destacan polo seu abandono. Neste caso é a casa parroquial de San Pedro de Dadín a propiedade que se atopa nun estado de ruína que a fai merecedora de estar neste catálogo nacional elaborado pola Asociación Hispania Nostra. En Galicia hai unhas 3.700 e o 70% están abandonas, a maioría en Ourense e Lugo.

Dende o pasado 23 de xuño, a casa parroquial de Dadín engrosa esta lista, que a mediados no s. XX xa sufriu o estrago do seu patio pola ampliación da estrada na que se atopaba. Esta casa parroquial está datada do s.XVIII, e trátase dun edificio barroco rural que se asocia á igresa de San Pedro.

Desta edificación destacan inscricións marianas que se atopan nos linteis de distintas portas que dan paso a un corredor. A casa ten unha planta con forma de L, e seus tempos tivo un patio, a través do cal se accedía ao interior da vivenda. É neste espazo onde tamén se atopa unha escaleira que leva a unha galería soportada por columnas e ménsulas de pedra.

Aínda que este complexo non conta con ningún tipo de protección legal, con esta inclusión Hispania Nostra pon en relevancia o valor da construción, chamando a atención sobre o seu estado. Grazas a esta chamada de atención atópase, pola contra, bens patrimoniais que conseguen entrar nunha “Lista Verde”, que recolle as propiedades que saen da Lista Vermella. Máis información no xornal La Región, afirman con respecto ás casas rectorais que “en Galicia hai unhas 3.700 e o 70% están abandonas, a maioría en Ourense e Lugo”. Por iso, a labor de asociacións como Historia Nostra poñen o foco sobre o patrimonio, para concienciar sobre a súa situación e conservación.

Pode que che interese...