fbpx
Banco chantado no Castro da Cidá, en Ribeira / remitida

Un banco realizado no medio do castro da Cidá, finalista nun premio de arquitectura

Tempo de lectura: < 1 min.

‘O banco do Piñeiro’ do arquitecto galego Carlos Seoane figura entre os proxectos seleccionados para participar na XII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo, que terá lugar a finais de setembro en Cidade de México.

Esta obra, que se sitúa no ‘Castro da Cidá’ do municipio coruñés de Ribeira, é a única feita en Galicia que forma parte dos finalistas na bienal. Con todo, Galicia tamén estará representada co proxecto de Betsaida Curto en Arequipa (Perú) e o libro ‘Habitar a auga’ da ferrolá Ana Amado e Andrés Patiño.

Así as cousas, ‘O banco do Piñeiro’ e a escola da comunidade de Cerro Colorado competitrán na categoría de obras. A primeira consiste na construción dun camiño accesible para persoas con mobilidade reducida para chegar a un banco de pedra no alto dun miradoiro con vistas ao parque natural de Corrubedo.

O proxecto de Carlos Seoane está construído con pedra reciclada de materiais refugados de cidades e pretende facilitar a comprensión das dimensións sensoriais da zona para todas as persoas, ademais de xerar percorridos alternativos no ‘castro da Cidá’. A obra foi recoñecida na última edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo dentro da categoría ‘Panorama de Obras de Arquitectura e Urbanismo’.

Ademais, na categoría de obras tamén foi seleccionada como finalista a construción da escola infantil da comunidade de Cerro Colorado, en Arequipa (Perú), da arquitecta galega Betsaida Curto en colaboración co vasco Ander Bados, ambos os formados na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Por último, o libro ‘Habital a auga’ competirá polo galardón na categoría de publicacións pola análise sobre a colonización na España do século XX desenvolvida pola ferrolá Ana Amado e Andrés Patiño.

Pode que che interese...