fbpx

Un roubo na mámoa de Vilaboa evidencia os actos vandálicos que sofre o patrimonio galego

Tempo de lectura: < 1 min.

A Mámoa do Rei, no Concello de Vilaboa, atopábase protexida por un valado, que delimitaba a área de 115 metros cadrados na que se atopaba a construción histórica. Porén, o lugar apareceu nos últimos días desprotexido tras o roubo do valado, un feito que xa foi denunciado polo Concello e a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa.

O conxunto megalítico Chan de Castiñeiras, un dos máis importantes de Galicia, foi obxecto dun proxecto de protección, conservación e sinalización de bens patrimoniais levados a cabo o pasado ano. Dentro destas labores atopábase a instalación da infraestrutura que delimitaba a área da Mámoa do Rei.

Neste acto vandálico non só se viu afectado o valado, pois o panel informativo do lugar deixa ver que o tentaron arrincar, aínda que sen conseguilo. O instalación deste panel tamén estaba incluída dentro do proxecto, en concreto dentro das tarefas de creación e sinalización do Roteiro das Mámoas, subvencionado pola Deputación de Pontevedra e levado a cabo pola cooperativa Árbore Arqueoloxía e Restauración.

Ante o sucedido, o alcalde de Vilaboa, César Poza, denunciou a “falta de decencia e falta de respecto polo noso patrimonio cultural absoluta, un feito realizado totalmente con conciencia e aleivosía”. A este feito tamén se lle suma o roubo de “30 castiñeiros recentemente plantados” na zona.

Pola súa banda, o presidente da comunidade de montes, José Luís López fixo fincapé ao esforzo económico que tiveron que realizar os comuneiros para poder completar o proxecto que poñía en valor o patrimonio histórico do lugar. Máis información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...