fbpx

Unha obra coloca cemento ao carón dun cruceiro, danando o patrimonio de Carrecedo

Tempo de lectura: < 1 min.

Na rúa Antonio Insua Rivas de San Vicente de Elviña, en Carrecero, leváronse a cabo obras sen ter en conta a proximidade dun cruceiro. Así o denuncia dende a Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego (Apatrigal), que critican que non se deixase “unha distancia prudente entre o cruceiro e o formigón”.

Dende Apatrigal recordan que os cruceiros non sempre gozan da protección que merecen, e recordan que son elementos patrimoniais que se deben conservar. Non foi así co cruceiro de Carrecedo, cuxa base quedou soterrada polo formigón.

O presidente da asociación, Carlos Henrique Fernández Coto, como recollen dende El Ideal Gallego, considera que a dilatación do formigón e a circulación de auga poden danar o cruceiro, mentres que a voceira Carmen Troba Trillo, sinala a posibilidade de que se apliquen novas capas de cemento.

“Non se pode danar, aínda que sexa a base, un elemento patrimonial”, denuncia Troba, quen engade que os encargados do patrimonio deberían estudar a repercusión que poden ter as obras urbanas sobre os diferentes elementos protexidos das cidades.

Porén, non son as únicas queixas que teñen como protagonista ao cruceiro, pois no pasado mes de abril o grupo político BNG criticaba o estado de abandono do elemento patrimonial de Carrecedo. Denunciaban así que dito cruceiro sufrise danos e roturas en febreiro, como consecuencia da falta de labores de conservación e posta en valor. Máis información en El Ideal Gallego.

Pode que che interese...