fbpx

En breve poderás visitar o primeiro gran sumidoiro romano da Gallaecia

Tempo de lectura: < 1 min.

O legado que deixou a cidade romana de Lucus Augusti non deixa de sorprender na actualidade. Non só a muralla que rodea a cidade se alza ante os ollos dos lucenses e visitantes, se non que dentro das súas paredes se agochan moitos máis tesouros. É o caso do sumidoiro romano, considerada como a de maior entidade do noroeste peninsular.

O soto da sala Porta Miñá será o lugar onde se poida visitar dita cloaca, a primeira que se poderá ver en Galicia, despois de que se finalicen os traballos de restauración que está a levar a cabo a empresa Resconsa.

Cuns 60 centímetros de ancho e preto de 1,60 metros de altura, esta canalización conságrase como a máis destacada do territorio galego. Este novo proxecto, que se verá finalizado en oito meses, ten como obxectivo a posta en valor do patrimonio, e completarasa coa instalación de paneis e material audiovisual para explicar como funcionou no seu momento o ciclo da auga na cidade lucense.

A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, destacou nunha visita ao lugar a actividade económica que xeran proxectos como este, así como reclamou a creación dun centro galego da romanización no antigo cuartel de San Fernando. Máis información en El Progreso.

Pode que che interese...