fbpx

O declive da Igrexa obriga a buscar unha segunda vida aos seus edificios en estado ruinoso

Tempo de lectura: 2 min.

O poder que chegou a ter a Igrexa na Comunidade fractúrase co paso do tempo, ao igual que o fan os edificios e construcións que están no seu poder. Mostra diso é o deterioro que sofren estas construcións, vítimas do abandono.

Das 600 casas reitorais que chegou a ter o Bispado de Ourense, a Igrexa conserva arredor de 550 e só están habitadas unha minoría, tendo en conta que na diocese de Ourense hai arredor de 250 sacerdotes, a maioría de idade avanzada. O baixo número e a idade fan que esas casas xa non estean habitadas, o que implica a falta de conservación destas vivendas, algunhas de gran importancia patrimonial.

Porén, dende o Bispado explican a dificultade de reformar ou conservar todas estas construcións nas que nalgún momento viviu un sacerdote, e nas que se atopan habitadas, son os propios párrocos os que levan a cabo as labores necesarias para a conservación dos inmobles. Así o apuntan nun artigo de La Voz de Galicia, que analiza o estado das propiedades eclesiásticas que, segundo os datos aportados polo xornal, elevan a 400 casas reitorais en situación de abandono.

O que nun momento foi a reitoral de Santo André de Camporredondo, en Ribadavia, é agora o Museo do Viño en Galicia mentres que a de San Paio en Coles se converteu nun centro de día. Sorte parecida correron a reitoral de Santa Comba, cuxo espazo será destinado para usos museísticos, ou a de San Bieito de Cortegada, onde se poderán hospedar peregrinos cando se converta en albergue. Estes exemplos mostran como a Igrexa cede estes espazos ás institucións públicas para que os edificios se manteñan en pé, aínda que noutras ocasións tamén se firmen convenios entre o Bispado e os concellos para a conservación de ditas construcións.

A venda das propiedades é outra das opcións para intentar que o patrimonio non esmoreza. A interese de particulares pola compra de casas reitorais ou outros edificios tamén é un feito a valorar, así como a aparición destes lugares en portais de venda de inmobles. Dende o bispado aseguran que o recadado destas vendas se destina á conservación do seu patrimonio, como Igrexas e templos. Porén, os requisitos por parte de Patrimonio ou os extensos terreos que se inclúen coas casas reitorais fan que este tipo de venda non sexa moi habitual. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...