fbpx
Obras no Convento de Santa Clara de Pontevedra / Deputación de Pontevedra

Aparecen distintas estruturas medievais no Convento de Santa Clara de Pontevedra

Tempo de lectura: < 1 min.

Os traballos feitos polo equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra acaban de revelar que o claustro de Santa Clara, que a día de hoxe só conserva dous lados, tiña en orixe polo menos outro máis na zona oeste que foi derrubado. Baixo terra atopáronse pavimentos empedrados e na zona exterior restos dun tellado que voaba sobre o xardín da fonte e tamén cicatrices da ligazón coa edificación.

Con estes descubrimentos, resólvese un dos enigmas sobre a singularidade do claustro de Santa Clara, diferente ao doutras construcións relixiosas que pechaban con catro galerías unha zona central axardinada.

Nas sondaxes non se atoparon evidencias de que o cuarto lateral fose construído, polo que o seu deseño orixinal sería en forma de ‘O’ con dúas ás simétricas en dirección sur.

Os estudos de paramentos revelaron que no muro interior paralelo ao da praza de Barcelos existen ‘ventanucos’ abucinados similares ás saeteras. Estes, sen poder determinar de momento se foron construídos por orde das monxas ou anteriormente, tiñan moi probablemente un carácter defensivo, xa que a parte externa é estreita e a interna máis ancha. As aperturas están a día de hoxe colmatadas e recheas de pedras.

Ata fin de mes, o equipo arqueolóxico realizará traballos complementarios para confirmar datos e teorías sobre algún elemento concreto. Unha vez rematen co traballo de campo, nos próximos días intensificarase o labor de documentación e priorizarase a de análise e redacción de informes.

Pode que che interese...