fbpx
Entrada monumental no xacemento de Penas do Castelo / xunta.gal

Atopan dúas murallas e unha estrada de case tres metros na entrada nun dos castros máis antigos de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A segunda campaña de escavación do xacemento de Penas do Castelo, no municipio lucense da Pobra do Brollón, finalizou co descubrimento dunha “entrada monumental” a este complexo do século IX a.C.

Segundo informou o Concello da Pobra do Brollón, un dos obxectivos era atopar o acceso ao xacemento que, debido á súa situación en pendente e protexido por cantiles, era “tremendamente complicado”.

Así, nas dúas sondaxes que se realizaron para a detección do acceso tiveron éxito, xa que localizaron dúas entradas relacionadas que crean un “acceso monumental”.

Resultados sondaxes

A primeira expedición fixérona nun muro exterior. Con esta comprobaron que o muro era máis ancho do que parecía ao principio e resultou ser unha primeira muralla defensiva de case un metro de grosor. Ademais, neste procedemento atoparon unha entrada ao recinto intermedio entre as dúas murallas.

A segunda intervención realizárona nunha zona onde a muralla facía unha plataforma plana. Con isto, os arqueólogos descubriron as dúas caras dunha entrada monumental de tres metros e medio de ancho, que é o acceso ao recinto principal do xacemento.

A arqueóloga Elena Taboada de Árbore remarcou que “en ningún caso, os poucos exemplos de castros tan antigos que se coñecen teñen este nivel de monumentalidade e pertificación”.

Pode que che interese...