fbpx
Obradoiro metalúrxico atopado no castro de Cameixa / LR

Descuberta unha gran factoría metalúrxica do sećulo I en Boborás

Tempo de lectura: < 1 min.

A quinta campaña de escavacións desenvolvida no castro de Cameixa, en Boborás, deixou ao descuberto unha zona de labores de metalurxia, con varios fornos e unha fragua completa con todos os seus accesorios, que data do século I despois de Cristo.

O director do equipo de arqueólogos que traballou neste xacemento, Jorge Lamas, considera de gran importancia este achado sobre o traballo cos metais desenvolvido na zona cando se producía o cambio de era. No mesmo lugar tamén había placas de ferro, un gancho do mesmo material, ademais dos restos de cerámica e dúas contas de colar de pasta vítrea que quedaron á vista en anteriores escavacións.

Xunto a este último descubrimento sobre a metalurxia, no castro pódese ver tamén unha construción circular que data do século III antes de Cristo e que ten outra cuadrangular superpuesta máis recente e con dúas construcións máis anexas. Toda a información en La Región.

Pode que che interese...