fbpx
Traballos de escavación no pecio Viveiro I / Perfecto Souto (EPASUNO) - NG

Os segredos submarinos de Viveiro: restos desde a época romana ata o século XVIII

Tempo de lectura: < 1 min.
Os traballos arqueolóxicos do proxecto Eterna que investiga o patrimonio mergullado da ría de Viveiro “están a ser moi satisfactorios” para o equipo, pois puido documentar un fondeadero utilizado desde a época romana ao século XVIII. Alí atoparon “varias áncoras, entre elas unha lítica de 50 centímetros; un morteiro de pedra calcaria de base cadrada de gran formato, numerosa cerámica de diferentes épocas e un gran número de ósos de varias especies animais relacionados coa alimentación das tripulacións”.
As inmersións continúan estes días na fragata Magdalena, un baco da Armada afundido en 1810 en Covas, pois “está a dar este ano moita información”, segundo avanza Antón López, coordinador do proxecto e responsable para o noroeste do departamento de Patrimonio Histórico Cultural da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas). Lembra en El Progreso que facía dous anos que non se mergullaban para estudar a fragata e “a gran sorpresa” foi que ao achegarse a ela viron que “o nivel de area horadado por efecto da modificación hidrodinámica da ría” deixara á vista o costado dunha cuberta inferior “case completo”; unha posibilidade que defendían desde 2018 e que se confirmou nesta campaña”.
Os traballos continuarán na contorna arqueolóxica da illa de Area, onde foron localizados tres pecios -Viveiro I, no que se achou un excepcional astrolabio, Viveiro II e Viveiro III-. O sábado 24 daranse a coñecer estes achados en varias charlas. Máis información en El Progreso de Lugo.

Pode que che interese...