fbpx
Inscrición realizada no conxunto rupestre de Feáns na que se le "puto el que lee" / Manuel Ruibal - FB

Vandalizan un prezado conxunto de petróglifos en Cotobade: “Puto el que lo lee”

Tempo de lectura: 2 min.

“Puto el que lo lee”. É parte do que deixaron riscado uns deslicuntes patrimoniais tras vandalizar un prezado conxunto de petróglifos localizados en Cotobade, tal e como denuncia Manuel Ruibal a través do Grupo de Facebook – Arqueoloxía de Galicia

Trátase do conxunto de gravados rupestres de Fentáns ,unha área arqueolóxica formada por preto de trescentos gravados ao aire libre, e que están musealizadas. Os “vándalos” aproveitaron a dispersión dos conxuntos para riscar algúns dos petróglifos con inscricións de diversa índole que provocaron danos ao conxunto e tamén á cartelería.

Vandalizan o conxunto rupestre de Feáns, en Cotobade / Manuel Ruibal – Grupo Facebook Arqueoloxía de Galicia

O conxunto de Feáns está situado en San Xurxo de Sacos, unha parroquia do concello de Cotobade. Forma parte do conxunto de arte rupestre de Terras de Pontevedra. A maior parte dos petróglifos que se atopan dentro deste conxunto atribúense á Idade do Ferro e á Idade de Bronce. Os investigadores cren que os máis antigos fixéronse golpeando as rochas con cuarzo, mentres que os outros xa se tallaron facendo uso dalgún utensilio metálico. Os motivos abstractos e xeométricos son moi numerosos, aínda que son máis os gravados que recrean figuras antropomorfas e animais.

Vandalización dos cartaces do parque rupestre de Feáns Vandalizan o conxunto rupestre de Feáns, en Cotobade / / Manuel Ruibal –  Grupo Facebook Arqueoloxía de Galicia

Pode que che interese...