A orixe de Santiago: fuxidos do Califato e xente do norte da Península e de Europa
Santiago de Compostela creceu grazas á xente de fóra. Desde o descubrimento da tumba do Apóstolo, o antigo vilar creceu de xeito espectacular. Primeiro foi con xente da contorna, pero logo comezou a ser poboada por xente fuxida do Califato de Córdoba e, despois, por xente do norte da Península. Nunha terceira ondada chegaron a Compostela xentes procedentes de Europa, principalmente, de Francia, Reino Unido e Italia atraídos polas peregrinacóns a Compostela.
Así se desprende do estudo dos restos de ósos de 200 persoas achados nos camposantos situados debaixo da actual catedral de Santiago nunha investigación realizada polo Patxi Ramallo, investigador do Max Planck Institute for Geanthropology da Facultade de Medicina do País Vasco. O seu traballo, no que tamén participou o equipo de Atapuerca, viuse recollido nun estudo publicado na revista científica Archaeological and Anthropological Sciences, no que revela que durante os tres primeiros séculos da cidade de Santiago (IX-XII) máis do 50 % das persoas enterradas na necrópole eran de fóra.
Oos cambios xa se empezaron a apreciar case desde o principio á súa chegada a Santiago e xa nas primeiras etapas de crecemento da cidade. Cando chegaban tiñan unha dieta pobre baseada en paínzo –mijo– e logo foron introducindo un maior consumo de carne, peixe e marisco. “Non comían como os burgueses, pero si trataban de imitalos“, sinala Ramallo en declaracións a LVG.
“Desde o principio, Santiago empezou a mostrarse como unha cidade, cunha xerarquía social moi clara. Os artesáns, comerciantes, ferreiros e outros profesionais trataban de imitar nos seus gustos, a medida que foron medrando, a burgueses con certo nivel económico”, sinala. Un feito que se ve nos enterramentos. Había unha zona destinada para as tumbas da clase alta, que se situaban xusto na entrada da antiga basílica levantada por Alfonso III. “Crían que canto máis preto estivesen das reliquias, máis probable era a intervención do apóstolo no seu favor tras a súa morte para poder salvar a súa alma na vida eterna”, apunta. Vía La Voz.
