A Xunta divide un castro en pedazos nunha concentración parcelaria
Tempo de lectura: < 1 min.
O castro de Alboldrón, en Rodeiro, quedará dividido en varias parcelas por mor da concentración parcelaria. Así o denuncia o divulgador Antonio Presas que indica que nos planos feitos públicos pola Xunta queda claro que este ben patrimonial quedará afectado por esta división que tamén fai desaparecer o vello camiño que pasaba por dentro da propia estructura castrexa. “Isto é inaudito, insólito, indecible, ….. pero é RODEIRO”, suliña Presas nas súas redes sociais.
Este mesmo castro xa sufriu outras desfeitas que afectaron seriamente a súa estrutura. Así, nos anos oitenta, tal e como xa contamos en Historia de Galicia, utilizouse a pedra das súas murallas para o firme-base da pista que vai desde a aldea de Alboldrón ao cruce do Alto do Faro. Tamén nos últimos tempos o xacemento foi saqueado con picos e palas por “buscatesouros”.