fbpx
Detalle dun cruceiro esnaquizado / foto HdG

Desfeita no cemiterio de Carballeda de Avia: estragan e rouban cruces do século XIX

Tempo de lectura: < 1 min.

O camposanto parroquial do concello ourensán de Carballeda de Avia –que tamén ten outro cemiterio municipal– rexistrou a pasada fin de semana desfeitas e o roubo de cruces que datan do século pasado. O domingo pola mañá os veciños alertaron o párroco, Serafín Fernández, de que alguén entrara ao cemiterio esnaquizando cruces de pedra de varias das tumbas.

“Pasei por alí antes de dar a misa e o que vin é que uns vándalos quixeron divertirse facendo dano“, resume o cura, antes de explicar que romperon “seis ou sete” cruces de pedra e, agregou, “roubaron algunhas outras para aproveitar o tempo xa que estaban alí”.

Con todo, di que “non ten unha maior importancia”, que foi “máis o dano moral e sentimental que o valor propio” do que subtraeron e romperon, a pesar do que interpuxo a correspondente denuncia “para que quede constancia”. Unha versión diferente é a que sostén o rexedor municipal, Luís Milia, que explica que outras veces sufriron actos de vandalismo, pero que nesta ocasión considera que “está claro que as persoas que foron ata alí á mantenta” e “non a facer dano, senón a levar esas cruces en concreto”. Máis información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...