fbpx
Imaxes roubadas de varios cemiterios de Arteixo | Fonte: GARDA CIVIL - Europa Press

Detido tras roubar decenas de virxes de cemiterios de Arteixo

Tempo de lectura: < 1 min.

Un veciño de Coristanco  foi detido por roubar decenas de imaxes de virxes do interior das vitrinas de nichos de catro cemiterios do municipio coruñés de Arteixo.

O home dedicábase a asaltar os camposantos para forzar cunha chave os nichos co obxectivo de subtraer as imaxes metálicas que decoran as vitrinas, segundo informou a Garda Civil este venres.

A presentación de varias denuncias motivou a apertura dunha investigación para dar coa identidade do asaltante, ao que, tras ser detido, impútanselle un delito continuado de roubo con forza nas cousas e outro, tamén continuado, de furto. As imaxes roubadas foron recuperadas para a súa devolución aos seus propietarios.

Pode que che interese...