Dimisións no museo de Vilalba por “precariedade laboral”
O arqueólogo Eduardo Ramil Rego acaba de presentar a súa dimisión como director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, dependente do concello de Vilalba.
Fíxoo nunha carta remitida ao patronato no que denuncia “precariedade laboral“. Segundo Ramil Rego, o seu traballo “reducíase ás tarefas cotiás de xestión e administración de coleccións”, dada a imposibilidade de realizar outras actividades porque a presidenta do Patronato, a alcaldesa Elba Veleiro, non convocaba xuntanzas para realizar unha programación e aprobar os orzamentos.
Di que deixa o cargo “por dignidade persoal e profesional” e sinala que desde setembro atopase de baixa laboral. “Desde entón, o museo non conta con ningún persoal técnico, e parece ser administrado irregularmente pola perosa que durante anos negou calquera responsabilidade sobre o mesmo”. Toda a información en La Voz.