fbpx
Vista aérea do xacemento da Cibdá de Armeá / Prensa Concello de Allariz

Na procura da necrópole romana en Allariz

Tempo de lectura: < 1 min.

As escavacións na Cibdá de Armeá, en Allariz, están de aniversario. Son doce anos de intensa actividade arqueolóxica nos que foi aparecendo un interesante xacemento de orixe romano. Adolfo Fernández, director das escavacións, destacou que este ano a estimación de superficie escavada nesta intervención é de trescentos metros cadrados, na que como sempre se atoparon restos de edificacións romanas, así coma vidro, cerámica e metais que se están analizando na Universidade de Vigo.

Nesta tempada tamén se rematou a escavación da Domus Norte atopando os seus muros exteriores, así como máis estancias e diferentes zonas como adegas e zonas de habitacións. Tamén se descubriu unha nova casa cun patio central, feito que indica a importancia deste asentamento romano do S. I, con edificacións de dous pisos, e que fai da Cibdá de Armea un referente a nivel arqueolóxico.

Entre todas as pezas atopadas durante esta campaña 2022, atopouse o cumio dunha estela funeraria, o que fai indicar a existencia dunha necrópole na Cibdá que aínda non teñen localizada. Máis información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...