fbpx
Un participante nunha proba de rápel descendendo pola torre do Reloxio de Betanzos / Twitter

Patrimonio autoriza unha proba de escalada nun monumento do século XVI

Tempo de lectura: < 1 min.

Polémica pola autorización por parte de Patrimonio dunha proba de rápel na Torre do Reloxo de Betanzos, un elemento catalogado do século XVI.

A proba, que tivo lugar na fin de semana do 8 e 9 de outubro, causou incerteza e moita sorpresa entre a veciñanza de Betanzos. Algúns deles mesmo denunciaron en redes sociais o que estaban vendo. Posteriormente, a polémica tamén saltou á esfera política e PPdeG e BNG pedíronlle explicacións ao concello por esta acutación.

Os organizadores da proba alegaron que consultaran e recibiran o visto e prace de Patrimonio e que tomaran todas as medidas de seguridade necesarias para non danar o monumento. Vía La Opinión de A Coruña.

Pode que che interese...