fbpx
Muro feito e tirado un día despois no mirador da Ferida, no entorno da Virxe da Barca, en Muxía / QPC

Tiran un muro nun mirador emblemático de Muxía un día despois de facelo

Tempo de lectura: < 1 min.
Solventouse rápido a polémica xurdida entre a veciñanza por un muro erguido ao carón da pedra da Barca, no santuario de Muxía, un lugar emblemático ao tratarse dun mirador.
O Concello decidiu botalo abaixo un día despois de rematalo ante as críticas suscitadas nas rúas e nas redes sociais.  O muro, de pedra pola parte exterior e por agora de cemento no interior, ía ser parte dun proxecto, revisado por Patrimonio e Medio Ambiente da Xunta, de posta en valor do entorno da Barca. Vía Que Pasa na Costa.

Pode que che interese...