fbpx

Un exemplo vivo da historia de Vigo, soterrado ao carón dun túnel

Tempo de lectura: < 1 min.

A chamada Casa de Mora, construción con orixe no século XVIII que apareceu nas obras de construción do túnel da Porta do Sol en Vigo, quedará soterrada ao carón desta infraestrutura. A casa quedará separada dos materiais empregados neste túnel mediante unha capa de elemento xeotéxtil.

Así o decidiu a Dirección Xeral de Patrimonio autorizou a proposta municipal sobre este ben patrimonial do que di que “non reciba ningún tipo de carga da obra en marcha”.

A estrutura da casa, que se descubriu o pasado mes de xuño, amosa os muros e unha xanela con reixa dunha edificación cuxo orixe se data no século XVIII aínda que non está comprobada a antigüidade exacta dos restos conservados. Algúns investigadores cren que este edificio puido ser o lugar onde se artellou a revolta local contra a invasión francesa. Tras o seu descubrimento houbo quen pediu que se conservara como símbolo da resistencia viguesa contra a invasión napoleónica, aínda que finalmente, concello e Xunta decidiron soterrala. Máis información en Faro de Vigo.

Pode que che interese...