Venden nun portal de subastas o dipoloma da medalla Castelao de Emilio González López
Un dos documentos máis relevantes para resaltar o compromiso dun persoeiro público con Galicia, o da medalla Castelao, está á venda nun portal de subastas online. Trátase do diploma da concesión deste título do político republicano Emilio González López en 1984. Un documento que ten un precio de saída de 150 euros.
Curiosamente, o mesmo usuario que o pon á venda e que é de Granada, tamén vende outro diploma de ingreso de Emilio González López no Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Neste caso o prezo é de 62,50 euros.
Chama poderosamente a atención este tipo de subastas con documentos ou obxectos que deberían ser propiedade pública galega.
Emilio González López, nado na Coruña o 13 de setembro de 1903 e finado en Nova York o 19 de decembro de 1991, foi un historiador e político galego, catedrático de Dereito Penal en varias universidades, deputado a Cortes durante a Segunda República Española. Tamén foi cónsul xeral en Xenebra e secretario da delegación española na Sociedade de Nacións. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e Medalla Castelao en 1984.