fbpx
Traballos de exhumación do proxecto sobre a orixe galega de Colón | Fonte: ASOCIACIÓN CRISTÓBAL COLÓN GALEGO - GC

“Dificultades técnicas” no proxecto que busca a orixe galega de Colón en cemiterios de Poio e Vilaxoán

Tempo de lectura: < 1 min.

O proxecto que se sustenta na ‘teoría galega’ que avala a orixe pontevedresa de Cristóbal Colón comezou esta semana coas primeiras escavacións sobre terreo e, na que foi a súa xornada principal, recuperáronse sete ósos, cerámicas e outros obxectos tras chegar a 80 centímetros profundidade no antigo cemiterio de San Salvador de Poio.

Mentres, os traballos no cemiterio de San Martiño de Sobrán, en Vilaxoán-Vilagarcía de Arousa, onde está a tumba de Juán Mariño de Soutomaior, complicáronse e levarán máis tempo do inicialmente previsto, posto que os investigadores atopáronse sobre terreo que, encima da primeira capa, botouse encima cemento, polo que resulta máis complicado o traballo.

Así o trasladou a Europa Press o presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, Eduardo Esteban, quen analizou os pasos realizados ao longo da xornada deste mércores e que continuarán este xoves. Tamén explicou que se produciu un “problema técnico” na apertura da sepultura de Juan Mariño de Soutomaior, polo que ata a próxima semana non se desprazará o profesor José Antonio Llorente –un dos investigadores do proxecto– para a apertura do sarcófago, xunto coa catedrática en Antropoloxía Inmaculada Alemán. Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...