fbpx
Imaxe dalgún dos asasinados polos facistas en Celanova / Memoria Celanova

Especialistas como Fernando Serrulla e Ángel Carracedo traballarán para identificar dez asasinados polos fascistas en Celanova e Lousame

Tempo de lectura: 2 min.
exhumación no cemiterio veciñal da Capela este martes dunha fosa cos corpos de Joaquín Antón Rodeiro, Manuel Franco Bermúdez e Francisco Guerreiro Guerreironaturais de As Pontes de García Rodríguez, é a primeira das accións que USC e Goberno autonómico executan ao abeiro do Plan de Memoria Democrática de Galicia para o ano 2022, recentemente asinado, no marco do Plan Cuadrienal 2021/2024.
Localización, exhumación e identificación de vítimasdivulgación de traballos efectuados e resultados conseguidos; así como o recoñecemento e sinalización dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria conforman os tres eixos sobre os que pivota o devandito plan.
Ademais da intervención na Capela está previsto que este mércores comecen as exhumacións en Celanova e LousameA de Celanova é unha fosa común con sete persoas, naturais de Asturias, xulgadas en Camposancos e executadas en Celanova. Foron enterradas nunha fosa comúun no cemiterio parroquial. Trátase de Baldomero Vigil Escalera Vallejo, Marcelino Fernández García, Guillermo de Diego Álvarez, Alfonso Moreno Gayol, Abelardo Suárez del Busto, Belarmino Álvarez García, e Mariano Blanco González. Pola súa parte, a fosa de Vilacova en Lousame presenta dous corpos, un deles identificado como Manuel García Hermo, natural de A Pobra do Caramiñal e veciño de Ribeira.
Nas diferentes tarefas a realizar colaboran o grupo HISTAGRA, coordinado polo catedrático de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto; o grupo SÍNCRISIS, do que forma parte, como coordinador do equipo de arqueólogos, o profesor José Carlos Sánchez Pardo; o antropólogo forense, Fernando Serrulla, do IMELGA; e o equipo do xenetista Ángel Carracedo, que se ocupará do cotexo xenético con aqueles familiares dos asasinados que desexen que se leve a cabo.
Os traballos arqueolóxicos están levados a cabo por Tempos Arqueólogos. As tarefas de exhumación que se detallan son as autorizadas polo Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. O custo total das actuacións que se levarán a cabo en 2022 dentro destas liñas estratéxicas pola Comunidade galega ascende a 110.351 euros.

Pode que che interese...