A colección Simply Travellers acaba de publicar ‘101 monumentos que tus hijos, talvez, ya no verán‘. Una selección realizada pola autora da guía, Raquel Álvarez, historiadora da arte, delegada de Hispania Nostra na Comunidade Valenciana e cofundadora de Alva Cultural. A guía está dividida por comunidades autónomas, cunha representación de todas as provincias de España. En Galicia a autora escolleu sete bens en perigo de desaparición. Son:
– Parque Enciclopédico do Pasatempo, en Betanzos
– Sanatorio de Cesuras
– Mosteiro de Santa María de Oia
– Torre dos Moreno, en Ribadeo
– Colexio Santiago Apóstolo dos Pais Xesuítas de Camposancos, na Guarda
– Casa reitoral de San Martiño de Borela, en Cotobade
-Casa Becerra, en Vilagarcía
“O terceiro título da colección Simply Travellers nace co obxectivo de convidar os lectores a coñecer esta herdanza cultural e implicalos na súa preservación“, é o obxectivo desta guía. Un extenso inventario que quere facer visibles “todos aqueles bens en risco de desaparición, destrución ou alteración esencial dos seus valores”.