fbpx
Retrato supostamente de Pedro Madruga, caracterizado coma un navegante e que algúns relacionan con Cristobal Colón

Son os 25 ósos atopados en Poio definitivos para saber se Cristóbal Colón era Pedro Madruga?

Tempo de lectura: < 1 min.

As escavacións arqueolóxicas, levadas a cabo no atrio vello da igrexa de San Salvador de Poio para buscar o ADN de Cristóbal Colón, finalizaron este luns, tras atopar 25 pezas óseas, entre elas, unha mandíbula masculina, un fémur e un fragmento que se supón que é dun cranio.

Segundo explicou a Europa Press o presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, Eduardo Esteban, durante a escavación, que se estendeu 24 horas máis do previsto, “tamén se atoparon cerámicas e moitas puntas de ferro”. As tarefas déronse por finalizadas ao chegar á ‘rocha nai’, o punto do subsolo no que xa non hai terra nin estrato. Así mesmo, esta fase da escavación permitiu delimitar dúas foxas que, segundo estiman os arqueólogos, poderían corresponderse con foxas de inhumación.

Nesta liña, Esteban explicou que “todo se está desenvolvendo con éxito, aínda que o verdadeiro éxito xa é participar neste programa”. Así, sinalou que esta investigación científica “leva a cabo porque existe unha boa documentación histórica”.. Esta parte das investigacións busca recompilar probas que corroboren ou descarten a teoría de que Cristóbal Colón e Pedro Madruga serían a mesma persoa. Toda a información no Galicia Confidencial.

Estada especial colocado en San Martiño de Sobrán para acceder ao sarcófago de Xohán Mariño de Soutomaior. ASOCIACIÓN CRISTOBAL COLÓN GALEGO

Pode que che interese...