fbpx
Fusilamento durante a Guerra Civil Española / foto Dominio Público

A última carta dun fusilado republicano: “Cuento en silencio los pasos del guardia acercándose. Uno, dos… Ya está”

Tempo de lectura: < 1 min.
“Qué terrible sensación me embarga, impidiéndome incluso la respiración, cada vez que escucho el sonido de los cerrojos abrirse y cerrarse en las otras celdas. Pronto escucharé abrirse el mío después de haber contado en silencio los pasos del guardia acercándose. Uno, dos… Ya está”. Así arranca “Última carta para Virginia” (Ediciones Agoeiro), o libro no que a viguesa Charo Álvarez Prieto, enfermeira de profesión e apaixonada da literatura, rescata a historia do seu avó, Joaquín Álvarez (Arbo, 1890), maquinista ferroviario fusilado en decembro de 1936 polos seus ideais republicanos.
Foi arrestado en novembro, pouco despois do golpe de estado contra a II República, e asasinado os fascistas unhas semanas despois na praia viguesa de Alcabre, no antigo matadoiro (hoxe Museo do Mar), xunto con outro seis compañeiros: Antonio Barredo Rodríguez, Juan da Cruz García Coco, Eloy Fernández Alonso, Constantino Pérez Durán, Matías González Montero e José Moralejo Santos.
Antes de que lle desen o paseo, Joaquín pediu papel e pluma para escribir á súa esposa. Unha carta que Charo só puido ler cando tiña 18 anos. A misiva estivo celosamente escondida no marco dunha das tantas fotografías que presidían as repisas da casa familiar en Vigo e non viu a luz ata que morreu o ditador Francisco Franco. Toda a historia no Faro de Vigo.

Pode que che interese...